Novas

Actualidade. Noticias

29/12/2008
 I Congreso Vasco de Comercio Xusto
 Délmar López (Rede Café-CLAC) e Ruth Simba (AFN) participaron como poñentes no congreso

 O I Congreso Vasco de Comercio Xusto celebrouse os días 14 e 15 de outubro en Donostia organizado por oito organizacións promotoras do Comercio Xusto: Cáritas Gipuzkoa, Emaús Fundación Social, Intermón-Oxfam, Adenda, Medicus Mundi Alava, Mercadeco, Setem Hego Haizea e Solidariedade Internacional.

Entre os poñentes no congreso destacamos a persoa de Délmar López, que participou en calidade de presidente de Rede Café- CLAC. Nestas datas Délmar atopábase en España, concretamente en Barcelona, para participar na feira Hostelco e desprazouse ao País Vasco para dar a visión do sur sobre o Comercio Xusto e oferecer o seu testemuño como representante dos pequenos produtores latinoamericanos e do Caribe. Acompañoulle na mesa de poñentes, entre outros, Ruth Simba, coordinadora da rede africana de Comercio Xusto, African Fairtrade Network (AFN).

Dentro dun proceso de reflexión sobre os desafíos actuais do movemento de Comercio Xusto, a organización deste congreso respondía a un afán de definir unhas liñas de actuación claras e efectivas que integren os intereses e as actuacións de todos os axentes sociais vascos co fin de que o Comercio Xusto sexa unha alternativa económica real.