Novas

Actualidade. Noticias

29/01/2010
Red Café visitou España
Dous membros de Red Café fixeron unha xira comercial en España pra coñecer empresas do sector café

No marco do Programa Mesoamérica, i en resposta ao eixe estratéxico de Red Café que ten por obxecto o desenvolvemento de mercados, a finais do ano pasado dous membros de Red Café fixeron unha xira comercial en España pra visitar empresas do sector do café e coñecer a súa opinión sobre o potencial do café de Comercio Xusto en España e o seu interese como consumidores. Os participantes foron Délmar López (México) e Ligia López (Nicaragua), en representación de Red Café, e acompañáronlles Jos Algra, de Twin Trading Ltd. i especialista en café, i Héctor Riu, de SETEM Catalunya, como coordinador. As empresas que visitaron foron Bon Preu, Cafés Batalla, Cafés Novell  e Intermon Oxfam (zona Catalunya), Asociación do Sello de Comercio Xusto (zona Madrid), Cafento e Grupo Eroski (zona Norte).

Esta xira foi o punto de partida pra que Red Café elabore un diagnóstico do potencial de desenvolvemento do mercado Español do café e de aí preparar unha proposta estratéxica máis ambiciosa para contribuír a promover o mercado de café de Comercio Xusto en España. Nun afán de fortalecerse como actor activo nos mercados do Norte onde venden o café das organizacións socias, Red Café ten como obxectivo xeral explorar as posibilidades que teñen as organizacións de pequenos produtores de contribuír activamente ao desenvolvemento do mercado.



Cafès Novell fue una de las empresas que visitaron