En 1999 a UAB promocionou a introdución de criterios ambientais e sociais no concurso de Xestión de Servizos Públicos das máquinas automáticas de comida e bebidas, servizo que se centralizou. Como consecuencia diso, a partir de principios do ano 2000, todas as máquinas expendedoras de bebidas da UAB ofrecen unicamente café de Comercio Xusto.
No prego de prescricións técnicas deste concurso para a instalación de máquinas de bebidas na UAB, no punto 8.7.1. especifícase que: “A explotación das bebidas que conteñan café nas máquinas de bebidas quentes deberá realizarse obrigatoriamente con café de comercio xusto. A medida que as condicións técnicas, loxísticas e económicas o permitan a UAB pediralles aos explotadores de máquinas de bebidas e comida que amplíen o seu abanico de produtos entrando no ámbito doutras bebidas quentes (té e chocolates), os sólidos e as bebidas frías.
A empresa deberá certificar documentalmente que todos aqueles produtos que pon á venda baixo a etiqueta do comercio xusto sono de verdade. É obrigatorio publicitar visiblemente sobre a mesma máquina a procedencia do café, facendo constar a etiqueta de “comercio xusto”.
Desde o Servizo de Prevención e Medio Ambiente (SEPMA) da UAB, en colaboración coa ONG SETEM, garántese que as case 50 máquinas identificadas serven unicamente café de Comercio Xusto e estúdase a incorporación de ampliar a oferta de produtos de Comercio Xusto nas máquinas.