O prego de prescricións técnicas para a adxudicación do contrato para a colocación de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos en diversas dependencias municipais do Concello de Zaragoza, elaborado o 7 de abril do 2005, no seu punto 6.7 recolle o seguinte:
“Nas máquinas de bebidas quentes será obrigada a utilización do café denominado de “COMERCIO XUSTO”. Para garantir a autenticidade deste café, a empresa concesionaria deberá acreditar a condición de café de Comercio Xusto, achegando os correspondentes certificados, expedidos por entidades certificadoras recoñecidas ou, na súa falta, por algunha das entidades integradas na Coordinadora Estatal de Comercio Xusto. A requirimento do Excmo. Concello, deberán facilitar canta documentación garanta que todo o café fornecido a través deste medio procede do Comercio Xusto. Seguindo as instrucións que se indiquen respecto diso polo Concello e que garantan unha uniformidade, a empresa concesionaria deberá publicitar visiblemente na máquina expendedora a procedencia do café.”