Tomamos un café xusto?. Experiencias destacadas. Concello de Vitoria-Gasteiz

O Concello de Vitoria-Gasteiz incluíu, o ano 2002, nas bases do Concurso para o outorgamento de licenza de explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes nos Centros Cívicos, unha condición que obrigaba á empresa a pór café de Comercio Xusto. No devandito prego que recolle as prescricións técnicas da adxudicación válida para 4 anos destácase na súa cláusula 6 o seguinte en referencia ao Comercio Xusto:

“As máquinas de bebidas quentes utilizarán obrigatoriamente o café denominado de ‘Comercio Xusto’. O devandito café haberá de contar cun selo de garantía ou etiqueta de Comercio Xusto (“Fairtrade Mark”,”Max Havelaar”, etc.) outorgado por calquera dos organismos de homologación existentes a nivel nacional ou internacional (Fair Trade Labelling Organization FLO , etc.), ou ben contar co selo dalgunha organización recoñecida polos devanditos organismos de homologación (Alternativa 3, Medicus Mundi, etc.).

A empresa adxudicataria deberá publicitar visiblemente sobre a máquina a procedencia do café, e indicar claramente a denominación “Comercio Xusto”. Para garantir a autenticidade deste café, a empresa adxudicataria deberá permitir a realización de controis periódicos, ben directamente polos servizos técnicos do Concello de Vitoria-Gasteiz, ou ben por unha ONG dedicada ao Comercio Xusto coa que previamente o Concello de Vitoria-Gasteiz subscriba un convenio de colaboración. A empresa adxudicataria deberalles facilitar aos técnicos municipais, ou á ONG encargada do control, canta información e documentación, referida á procedencia do café, lles sexa solicitada por esta.”


Para a acreditación e control das máquinas vending o Concello de Vitoria-Gasteiz e SETEM asinaron un convenio de colaboración que tamén inclúe promoción e sensibilización.