A Garda Urbana de Barcelona centralizou a adxudicación da explotación de servizos vending en todas as súas dependencias e no apartado de “características dos produtos” do prego de cláusulas técnicas que han de rexer o contrato de servizos de máquinas expendedoras para as dependencias do sector de seguridade e mobilidade afírmase: En cada máquina unha das opcións de café, o té e o chocolate han de ser solidarias co Comercio Xusto.
Actualmente hai 15 máquinas que serven café de Comercio Xusto acreditadas por SETEM en distintas dependencias da Garda Urbana de Barcelona.