Tomamos un café xusto?. Experiencias destacadas. Ajuntament de Barcelona

O Concello de Barcelona o ano 2002 aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional na que se acorda “promover e estimular o uso de produtos de Comercio Xusto nos servizos e dependencias municipais. Especialmente fomentarase, debido á importancia do café neste proxecto, que os produtos servidos en máquinas de bebidas das dependencias municipais ofrezan, sempre que sexa posible, produtos de Comercio Xusto e Solidario”.


Como consecuencia desta declaración institucional o Departament d’Educació Ambiental i Participació asinou un acordo con SETEM-Catalunya para que esta acredite e garanta, cun seguimento continuo, que o café utilizado nunha determinada máquina ou establecemento é de Comercio Xusto.


A mediados de 2006 son 103 as máquinas que serven café de Comercio Xusto en distintas dependencias do Ajuntament de Barcelona.