O 3 de abril de 1997, a resolución número 285/V do Parlament de Catalunya instou o Goberno catalán a establecer relacións de cooperación con empresas de Comercio Xusto e Solidario, fundacións, ONG e outras organizacións que desenvolvan proxectos neste campo. Neste marco favorable ao Comercio Xusto, e a raíz desta proposición non de lei, SETEM-Catalunya recibiu o apoio da Generalitat para pór en marcha o programa Bo Café.
Na actualidade, SETEM asinou un convenio coa Agència Catalá de Cooperació al Desenvolupament e a Agència Catalá de Consum para impulsar e promover o Comercio Xusto e o consumo socialmente responsable.
O convenio pretende implicar ao conxunto das administracións públicas catalás a medio e longo prazo na introdución de garantías éticas e sociais na contratación pública. Unha das tres liñas de actuación pretende ampliar o coñecemento e consumo de produtos de Comercio Xusto nas máquinas automáticas de bebidas quentes, bares e cafeterías das dependencias da administración da Generalitat de Catalunya e os seus organismos autónomos.
SETEM-Catalunya, ademais de participar activamente no desenvolvemento e implementación da estratexia de comunicación e información no seo da Generalitat de Catalunya, tamén se encarga de acreditar e identificar as máquinas de vending e facerlles un seguimento para garantir que serven café de Comercio Xusto.