Comercio xusto. A favor do Comercio Xusto. A nivel local

A nivel local os procesos de Axenda 21 (un programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento sostible) están sendo decisivos para que as autoridades locais recoñezan e elaboren plans de acción a favor do Comercio Xusto. Miles de cidades en todo o mundo xa traballan estes temas e no Estado español foron máis de 1500 municipios os que adquiriron formalmente este compromiso. Moitos concellos empezaron introducindo café de Comercio Xusto nas máquinas automáticas das súas dependencias.


  • Concellos como Nigrán, Baiona, Pontevedra, Vigo, Burlada, Castellar do Vallès, O Prat de Llobregat, Esplugues, Igualada, Mollet, Sitges, Sant Boi, Sant Adrià do Besòs, e Zaragoza realizaron este cambio de forma centralizada cunha declaración institucional e un posterior concurso público.
  • Cunha declaración institucional e un posterior acordo de colaboración con SETEM estase traballando no Concello de Barcelona, Badalona, Terrassa e Vigo.