ALTERNATIVA 3 é unha organización de Comercio Xusto que desde 1992 se dedica á importación, distribución e comercialización de produtos téxtiles, de alimentación e artesanía, que proveñen de grupos de artesáns e produtores de países do Sur.
A Asociación de Pequenos Produtores de Café do Salvador (APECAFE) representa a 11 cooperativas produtoras de café e agrupa 539 pequenos produtores en diversas áreas do Salvador.
CAFENICA es una plataforma promocional de diez cooperativas de segundo nivel de Nicaragua que agrupa a 6.473 pequeños productores y sus familias.
COMPRAS é unha plataforma exportadora de café de Chiapas formada por 4 cooperativas de segundo nivel que agrupa a 6.550 caficultores e as súas familias.
MANOS CAMPESINAS é unha organización de segundo grao situada en Guatemala que aglutina a sete organizacións de base dos departamentos de San Marcos, Quetzaltenango, Retalhuleu e Sololá. En total, representa a 1.073 asociados e asociadas, todos pequenos produtores de café.
MÁS CAFÉ agrupa oito cooperativas e 2.500 produtores do estado mexicano de Chiapas que traballan unidos na mellora da calidade do café que cultivan e na súa comercialización.
RED CAFÉ integra ao conxunto de organizacións membros da Coordinadora Latinoamericana e do Caribe de Comercio Xusto (CLAC) que traballan no ámbito cafetaleiro e subscriben os principios xerais do Comercio Xusto e das organizacións de pequenos produtores.