Comercio xusto. A favor do Comercio Xusto. A nivel estatal

No Estado español, o apoio político ao Comercio Xusto xorde en diferentes ámbitos de actuación das administracións públicas. Por unha banda, na normativa e lexislación referentes á cooperación internacional e axuda ao desenvolvemento ou por declaracións non de lei; e por outro na normativa e programas do ámbito da sustentabilidade.


O apoio ao Comercio Xusto por parte do Estado español comeza en 1996 coa aprobación de varias Proposicións Non de Lei pola Comisión de Cooperación e Axuda ao Desenvolvemento sobre o Comercio Xusto e solidario:


No recentemente elaborado Plan Director 2005-2008 da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) o Goberno contempla o apoio ás cooperativas de Comercio Xusto. Esta proposta debe ir desenvolvéndose nos diferentes plans de acción.