Comercio xusto. Café de Comercio Xusto. Características do café de Comercio Xusto

1. Temos información sobre as organizacións de pequenos produtores e a garantía de que foi elaborado en condicións dignas.

  • ORGANIZACIÓNS DEMOCRÁTICAS e participativas, propiedade dos pequenos produtores e produtoras.
  • ELIMINACIÓN DO TRABALLO INFANTIL e igualdade de oportunidades para as mulleres.

2. Acórdase coas organizacións un prezo polo café que permite cubrir os custos de produción e investir no desenvolvemento das comunidades.

  • PREZO DE GARANTÍA superior ao prezo do café fixado nas bolsas internacionais.
  • 5% DO PREZO DE GARANTÍA destinado a proxectos nas comunidades.
  • FINANCIACIAMENTO DE ATA O 60% de cada pedido.

3. Dáselles apoio aos grupos caficultores para fortaleceren as súas estruturas organizativas

  • EMPODERAMENTO dos campesiños e campesiñas.
  • APOIO a PROXECTOS de desenvolvemento local.

4. Impúlsanse relacións comerciais directas a longo prazo.

  • ELIMÍNANSE INTERMEDIARIOS INNECESARIOS
  • RELACIÓNS COMERCIAIS ESTABLES e a longo prazo.

5. Obtéñense cafés respectuosos co medio ambiente que a miúdo se cultivan en pequenas propiedades boscosas.

  • TÉCNICAS DE CULTIVO RESPECTUOSAS co medio ambiente.
  • PRESERVACIÓN DE BOSQUES TROPICAIS grazas aos cafetais en zonas de amortecemento

6. Favorécese a diversificación produtiva para garantir a alimentación de familias e a venda nos mercados locais.

  • SEGURIDADE E SOBERANÍA ALIMENTARIA
  • CULTIVO DE ESPECIES AUTÓCTONAS PARA AUTOCONSUMO
  • DESENVOLVEMENTO DE MERCADOS LOCAIS