Uganda, un dos principais provedores do Estado español xunto con con Brasil e Vietnam, cultiva tradicionalmente café robusta. A entrada de divisas pola súa venda pode significar un 80% dos ingresos do país. Aínda que tres cuartas partes da poboación vive do café, os ingresos en divises destínanse a pagar a débeda externa.
Esta forte dependencia do exterior fai que a estabilidade económica e social de Uganda estea en mans do mercado internacional do café. Cando o prezo do produto baixa, repercute poderosamente na economía do país. Cada vez que se produce unha diminución do prezo do café, os campesiños e campesiñas pasan fame.