Desacordos na OIC

No ano 1989, os desacordos no seo da Organización Internacional do Café (OIC) acabaron co sistema de cotas anuais que, desde a década dos 60, regulaba a cantidade de café que os países produtores podían exportar e permitía certa estabilidade nos prezos mundiais do café. Coa rotura deste mecanismo de control de oferta iniciouse unha etapa onde o aumento da produción mundial de café, o pouco control na calidade do café de exportación e o estancamento no consumo, entre outros factores, propiciou unha espectacular caída dos prezos do café.

A caída dos prezos do café agravou a situación económica de estados como Uganda e Etiopía que dependen en gran medida das exportacións de café.