Os bares serven grandes cantidades de café cada día e no Estado español máis do 50% dos consumos de café fanse fóra de casa.
Noutros países europeos xa están moi estendidas as cafeterías que serven café de Comercio Xusto de forma exclusiva ou como unha liña máis de produtos.
O café de Comercio Xusto xa conta con canles de distribución que permiten satisfacer axilmente as necesidades de bares e cafeterías con gran rotación de produto. Moitas marcas de café apostaron polo Comercio Xusto en todo o mundo, agora tamén aquí.