COMPRAS


A Comercializadora Mexicana de Produtos Agroecolóxicos S.A. de C.V (COMPRAS) creouse no ano 2002 para lles ofrecer servizos de comercializació de café ás cooperativas de Chiapas asociadas. Creada inicialmente por 4 cooperativas de segundo nivel, actualmente xa son 7 as asociadas e 4.746 os pequenos produtores e produtoras unidos para vender conxuntamente. Os volumes de colleita 2006/07 ascenderon a 1.539.942 Kg. de café que foron exportados como café orgánico, de comercio xusto e convencional a Europa, Estados Unidos, Canadá e Xapón.


O principal obxectivo do traballo de Compras é reducir custos financeiros das organizacións asociadas e consolidar as súas operacións de exportación brindándolles un bo servizo aos clientes. Para iso contrólase de xeito moi estrito a calidade do produto e ofértanse os volumes de café segundo as esixencias do mercado e os consumidores.


Acceso á súa páxina web