CAFENICA


A Asociación de Cooperativas de Pequenos Produtores de Café de Nicaragua (CAFENICA) é unha organización sen fins de lucro constituída no ano 2003 que actúa de plataforma promocional para as asociadas. Actualmente está formada por 12 organizacións cooperativas que aglutinan o 41% de todos os pequenos produtores e produtoras de café de Nicaragua: máis de 9.118 persoas. Entre todos producen o 19% do café de Nicaragua, participan cun 19% das exportacións nacionais de café e concentran a maior parte do café orgánico certificado do país.


Cafenica foi creada co espírito de complementar o traballo realizado polas cooperativas e desde a súa creación está traballando para mellorar a calidade de vida dos pequenos produtores e produtoras de café de Nicaragua.


www.cafenica.info