Como acreditar a vosa máquina

AMARANTE-SETEM ten convenios de colaboración con diferentes cooperativas importadoras de Comercio Xusto grazas aos cales, as empresas de vending poden dispor dun excelente café de Comercio Xusto 100% natural e torrado semanalmente.


Para ter  unha máquina acreditada con café de Comercio Xusto, non fai falta que a cambiedes; só hai que pedirlle á empresa de servizos que utilice café de Comercio Xusto que pode mercar en AMARANTE-SETEM e que solicite a organización a acreditación.


Porvos en contacto coa ONG federada en SETEM máis cercana e informarémosvos sen compromiso sobre:

  • Como a empresa de vending coa que traballades actualmente pode utilizar café de Comercio Xusto nas máquinas da vosa institución, lugar de traballo ou estudo.
  • Que empresas de vending teñen convenio con SETEM para ofrecer café de Comercio Xusto con garantía.
  • Como garante SETEM que o café que o voso operador de vending utiliza é de Comercio Xusto.
  • Como o teu bar ou cafetería pode servir café de Comercio Xusto.