Coa descolonización quedan máis manifestas as fortes dependencias económicas e comerciais do Sur empobrecido cara ao Norte rico.
Respecto ao poder político, este segue estando en mans dun grupo de persoas vinculadas ás ex colonias interesadas de xeito especial en velar polos seus propios intereses.
Nos anos oitenta aparece a problemática da débeda externa: os países do Sur non teñen diñeiro para pagar os créditos que solicitaron.
Os bancos e o Fondo Monetario Internacional impón a aplicación de plans de axuste económico para xerar divisas e poder retornar os créditos.
Unha das propostas destes plans foi a dedicación das terras fértiles ao cultivo de produtos para a exportación, como o caso do café, e a súa venda nos mercados mundiais. Outra foi a aceptación do investimento directo das multinacionais.