Durante a colonización, os europeos roubáronlles aos pobos autóctonos as súas mellores terras quedándose cos recursos naturais que lles interesaban.
A poboación autóctona, para poder sobrevivir, tivo que traballar en condicións de esclavismo nas terras que foran súas.
Ao mesmo tempo impúxose a cultura europea e a diversidade e riqueza cultural destes pobos quedou apagada.
Os europeos introduciron o cultivo de café nas súas colonias americanas sobre o século XVIII mediante grandes plantacións controladas por terratenentes.
A finais do século XIX estas grandes plantacións estendéronse por África e Asia.