O cultivo de café iniciouse no Iemen cara ao ano 575.
A lenda máis popular explica que unha noite un pastor viu como as súas cabras bailaban con grande excitación preto dun arbusto onde crecían unha gran cantidade de pequenos froitos de cor vermella. Intrigado polo que pasaba, o pastor probou os froitos e botou toda a noite esperto.
A partir de entón o café en infusión consumiuse de xeito habitual no mundo islámico para alargar as oracións.
Cara a finais do século XIII descóbrese que torrando o café mellórase o sabor, gana en aroma e consérvase durante máis tempo.