As 7 diferenzas

Café tradicional

  1. Non temos suficiente información sobre a orixe do café nin ningunha garantía sobre as condicións en que se produciu.
  2. O prezo decídese nas bolsas de Nova York ou de Londres e a miúdo non cobre as necesidades básicas das familias produtoras.
  3. As relacións comerciais son con frecuencia inestables e provocan inseguridade nos grupos produtores.
  4. Non hai un trato directo cos grupos cafeteiros e algúns intermediarios obteñen beneficios millonarios.
  5. A miúdo cultívase en grandes plantacións onde é común o uso de pesticidas e agroquímicos.
  6. Os grupos cafeteiros dependen excesivamene da venda do café e son moi vulnerables ás baixadas de prezos.
  7. Baséase nun modelo de relacións comerciais que a miúdo favorece os intereses dos máis ricos en contra dos máis pobres.

Café de Comercio Xusto

  1. Temos información sobre as organizacións de pequenos produtores e a garantía de que se elaborou en condicións dignas.
  2. Acórdase coas organizacións un prezo polo café que permite cubrir os custos de produción e investir no desenvolvemento das comunidades.
  3. Dáse soporte aos grupos cafeteiros para dar forza ás estruturas da súa organización favorecendo relacións comerciais a longo prazo.
  4. Elimínanse intermediarios innecesarios e establécense relacións comerciais máis directas coas organizacións produtoras.
  5. Obtéñense cafés respectuosos co medio ambiente que a miúdo se cultivan en pequenas propiedades boscosas.
  6. Favorécese a diversificación produtiva para garantir a alimentación de familias e a venda nos mercados locais.
  7. Baséase noutra forma de relación comercial, solidaria, xusta, participativa e responsable que dá un trato preferente aos máis desfavorecidos.


A SOLUCIÓN ESTÁ NAS TÚAS MANS