Hostelco

Desde a edición de 2004 organizacións de pequenos produtores de café de Comercio Xusto participan na feira Hostelco que se celebra cada dous anos en Barcelona. Iso permítelles dar a coñecer a calidade dos seus excelentes cafés e establecer relacións comerciais con empresas españolas usuarias do selo de Comercio Xusto FLO.

O primeiro ano estiveron Compras (México), Cafenica (Nicaragua) e Cocla (Perú) e na edición de 2006 participaron as mesmas, ademais da Central (Fonduras) e Chajul (Guatemala), nun estand conxunto baixo o nome de Red Café.