APECAFÉ


A Asociación de Pequenos Produtores de Café do Salvador (Apecafé) foi fundada en 1997. Esta cooperativa de segundo nivel representa a 10 cooperativas produtoras de café en distintas áreas do Salvador. En total, conta con 546 pequenos produtores (97 mulleres e 449 homes). Apecafé foi creada para producir e exportar café ao mercado internacional. O propósito xeral da cooperativa é o de mellorar as condicións económicas e sociais de cada un dos pequenos produtores. A cooperativa apoia aos membros a utilizar a tecnoloxía adecuada na plantación e proceso do café. Deste xeito, non só produce o mellor café, senón que ademais protexe o medio ambiente. Na colleita 2006/07 amoreáronse 141.795 Kg de café arábica (Pacas e Bourbon) vendidos como café orgánico, comercio xusto e convencional aos Estados Unidos, Europa e Xapón.


Acceso á súa páxina web