Feiras e xiras comerciais

Venta de Café de Comercio Justo en los supermercados

O traballo que as organizacións de pequenos produtores de café viñeron desenvolvendo nos últimos anos contribuíu a mellorar a calidade dos seus cafés e a xestión da súa exportación.


No Estado español, esta realidade é pouco coñecida entre as empresas do sector, do mesmo xeito que os beneficios que para os pequenos produtores supón comercializar directamente a súa produción.


Por iso impulsamos o achegamento das organizacións de pequenos produtores á empresa española do café e fomentamos a participación destes últimos nas propostas do Comercio Xusto.


Paralelamente dámos apoio ao selo de produtos de Comercio Xusto como ferramenta de certificación de produto necesaria para as empresas non especializadas en Comercio Xusto.