As organizacións de pequenos produtores de café socios en proxectos deciden, segundo os seus propios plans de traballo e de negocio, aqueles puntos, temas e actividades nos que requiren apoio. Estes compoñentes de apoio adoitan estar vinculados a fortalecemento institucional, mellora de comunicación interna, capacitación de técnicos, control de calidade e fomento da participación dos socios e socias nas cooperativas.
A implementación e o seguimento destes apoios realízana técnicos nacionais, cooperantes internacionais e asesores locais. A cada socio membro dos nosos proxectos adóitaselle asignar un técnico nacional ou un cooperante internacional.
As ferramentas de traballo utilizadas adoitan ser os obradoiros participativos, reunións con técnicos e xerentes e informes técnicos, entre outras.