7 empresas de vending galegas teñen máquinas acreditadas en convenio con AMARANTE-SETEM, e máis de 50 no estado español.. Isto fai que milleiros de consumidores/as toman cada día café de comercio xusto en máis de 600 máquinas.
O programa de vending non consiste en cambiar de máquina nin de empresa senón en pedir á empresa de servizos propietaria das máquinas que as cargue con café de Comercio Xusto e que solicite a AMARANTE -SETEM ou ao SETEM máis proximo as súa localidade información de como facelo e unha acreditación mediante a firma dun convenio. AMARANTE-SETEM, mediante a identificación das máquinas e aplicando o sistema interno de control, garántelle ao consumidor final que todas as máquinas de vending acreditadas serven café de Comercio Xusto.
Tamén podedes pedir que o café na cafetería do voso lugar de traballo, estudo ou lecer, sexa de Comercio Xusto. Cada día máis bares e cafeterías apostan por un café alternativo.