Vivas onde vivas, agora xa podes comprar de xeito habitual café de Comercio Xusto para o consumo doméstico. En todo o Estado español cada día hai máis tendas de alimentación e de produtos biolóxicos, supermercados e establecementos especializados onde adquirir café de Comercio Xusto.
Se aínda non o atopas no teu lugar de compra habitual, podes pedir que o ofrezan. Hai moitos puntos de venda que o incorporaron respondendo ás peticións dos consumidores.
En AMARANTE-SETEM seguimos traballando para ampliar o número de establecementos que ofrecen café de Comercio Xusto.
Tamén podes comprar café de Comercio Xusto na nosa tenda online: www.comercioxusto.com