A teoría do libre comercio establece que todos os países deben poder participar nos mercados internacionais e recibir os beneficios correspondentes. Pero na práctica, ao Norte só lle interesan os países do Sur como subministradores de materias primas a prezos alcanzables e espazos de investimento en condicións favorables para grandes empresas do Norte.
Tras o petróleo, o café é a materia prima que move máis volume de negocio en calquera parte do mundo. A práctica totalidade dos beneficios que xera este negocio vai parar a empresas multinacionais do Norte. Só cinco delas (Kraft, Suchard, Nestlé, Procter&Gamble, Sara Lee e Tchibo) compran case a metade dos grans de café que se consomen no mundo e xeran beneficios de billóns de dólares.