A crise do café

Preto de 25 millóns de familias nos países do Sur viven do café e afrontan unha grave crise derivada das baixas remuneracións que reciben polo froito do seu traballo. O prezo deste produto, fixado nas bolsas internacionais dos países do Norte, caeu un 70% desde 1997 e no 2002 chegou aos índices máis baixos dos últimos 30 anos.


Aínda que nos últimos anos a tendencia dos prezos foi á alza, miles de campesiños víronse obrigados a sacrificar a educación dos seus fillos ou a prescindir de medicamentos e alimentos básicos que non poden pagar.