O Comercio Xusto pretende que os individuos, empresas e gobernos do Norte realicen transformacións efectivas nas súas relacións e prácticas comerciais cos países do Sur. As administracións públicas nos países desenvolvidos teñen un rol fundamental para cumprir xa que a súa implicación convértese nun exemplo a seguir. Estudamos o apoio político ao comercio xusto en distintos niveis de actuación:
Grazas a un marco político favorable xa podemos atopar no noso país experiencias moi significativas respecto da introdución do consumo de produtos de Comercio Xusto, sobre todo en institucións públicas.