Os principais actores do Comercio Xusto son os grupos produtores no Sur e os consumidores/as no Norte. Achegando os dous colectivos sitúanse as organizacións de Comercio Alternativo, as tendas de Comercio Xusto, as Organizacións Non Gobernamentais e as empresas convencionais que poidan ofrecer algún produto certificado co selo de Comercio Xusto. Diversas redes articulan o traballo dos distintos actores.
- CLAC, Coordinadora Latinoamericana e do Caribe de pequenos produtores de Comercio Xusto, os seus inicios remóntanse ao ano 1996 e nace da man da Rede de pequenos produtores de Café. Actualmente agrupa 300 cooperativas e máis de cen mil familias de pequenos produtores de café, cacao, mel, bananos, azucre, zume de laranxa e outra froitas frescas, en 16 países. Ver web
- AFN, Africa FairTrade Network, os seus inicios remóntanse ao ano 1998 e nace da man da African Regional Body. Agrupa a miles de familias de pequenos produtores africanos, principalmente de café, da zona sueste do continente africano, nun mínimo de 8 países.
- NAP, Network Asian Producers, agrupa a produtores/as asiáticos que traballan en Comercio Xusto.
- IFAT, International Federation for Alternative Trade, creada no ano 1989, agrupa a grupos produtores e organizacións de Comercio Alternativo de todo o mundo. Ver web
- EFTA, European FairTrade Association, creada no ano 1990, agrupa ás máis grandes organizacións de Comercio Alternativo europeas. Ver web
- NEWS, Network European World Shops, creada no ano 1994, agrupa ás tendas de Comercio Xusto europeas. Ver web
- FLO-International, FairTrade Labelling Organizations, creada no ano 1997, agrupa ás organizacións que regulan a concesión do selo de Produto de Comercio Xusto. Ver web
- ASPCJ, Asociación do Selo de Produtos de Comercio Xusto, creada no ano 2005 da man de Coordinadora estatal de Comercio Xusto, está asociada a FLO-International e encárgase da certificación de produtos de comercio Xusto no Estado español. Ver web
- Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, creada no ano 1996, agrupa ás organizacións de Comercio Alternativo, tendas e ONGs que traballan o Comercio Xusto no estado Español. Ver web