A nosa visión

Sembrando un sueño

O Comercio Xusto ofrécelles un trato preferente aos pequenos produtores asociados a organizacións, xeralmente cooperativas, que teñen por obxectivo común o desenvolvemento económico, organizativo e social integral das súas comunidades, en base a estratexias de desenvolvemento sostible e de mellora continúa da calidade da súa produción.


O Comercio Xusto é unha alternativa non illada do Comercio Convencional que busca puntos de converxencia con este para contribuír a facelo máis xusto. Ademais dos actores especializados en Comercio Xusto, empresas convencionais han de poder participar nas súas propostas.

O límite a esta participación ha de ser o respecto aos principios do Comercio Xusto.