O prezo do café, fixado nas bolsas internacionais dos países do Norte, caeu un 70% desde 1997 e no 2002 chegou aos índices máis baixos dos últimos 30 anos. As grandes multinacionais e os seus intermediarios pagan aos pequenos produtores uns prezos que, en moitos casos, están por baixo do custo de produción. Son unhas cantidades tan escasas que non cobren as necesidades básicas das familias produtoras.
O Comercio Xusto ofrece un trato preferente aos pequenos produtores de café asociados a organizacións, xeralmente cooperativas, que teñen por obxectivo común o desenvolvemento económico, organizativo e social integral das súas comunidades, en base a estratexias de desenvolvemento sostible e de mellora continua da calidade da súa produción.
Axúdanos a construír un mundo máis xusto:
Contacta connosco na túa comunidade autónoma. Podémosche ofrecer actividades formativas e recursos de sensibilización sobre Comercio Xusto: obradoiros, charlas, seminarios, exposicións, espectáculos educativos, recursos audiovisuais, libros, guías e folletos.