Traballando con caficultores

Trabajo de equipo en Manejo de Riesgos

Apoiar a agricultura campesiña é moi importante para garantir o desenvolvemento sostible das comunidades rurais nos países do Sur. Os pequenos produtores de café e as súas familias son actores crave para unha xestión adecuada dos recursos naturais, motores de cambio social e base imprescindible para o desenvolvemento de economías locais, nacionais e internacionais estables. Partindo destas premisas nace o Programa de Fortalecemento de organizacións de pequenos produtores/as de café en Mesoamérica.


No Programa están traballando conxuntamente as organizacións mexicanas Compras e MasCafé, a nicaraguano CafeNica, a guatemalteca Manos Campesinas, a salvadoreña Apecafé, a española SETEM e a plataforma Red Café-CLAC, que aglutina á maioría das organizacións latinoamericanas de pequenos produtores de café de Comercio Xusto.


O Programa quere mellorar as condicións de vida dos pequenos produtores e as súas familias fortalecendo as capacidades produtivas, organizativas e comerciais das cooperativas nas que se organizan e ampliando a súa influencia na toma de decisións das políticas que lles afectan directamente.